Masacre de Lisboa de 1506

Un dos dous únicos gravados que sobreviviron o Terremoto de Lisboa de 1755 e o incendio da Torre do Tombo: “Von dem Christeliche – Streyt, kürtzlich geschehe – jm. M.CCCCC.vj Jar zu Lissbona – ein haubt stat in Portigal zwischen en christen und newen chri – sten oder juden, von wegen des gecreutzigisten [sic] got.” (Da Contenda Cristiá, que recentemente tivo lugar en Lisboa, capital de Portugal, entre cristiáns e cristiáns-novos ou xudeus, polo Deus Crucificado”).

No masacre de Lisboa de 1506, tamén coñecido como o masacre de Pascua de 1506, unha multitude perseguiu, torturou e matou centos de persoas, acusadas de seren xudeus. Isto sucedeu antes do inicio da Inquisición e nove anos despois da conversión forzosa dos xudeus en Portugal, en 1497, durante o reinado de D. Manuel I.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy